Partit nacionalista del joc d'Erepublik

Boletin #3 Dia 1579 - Galego

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Ir abajo

Boletin #3 Dia 1579 - Galego

Mensaje por HeiJoe el 17/03/12, 06:16 pm





Benvidos ao novo boletín oficial de UN. Vexo que xa vos comeza a gustar isto de ler o boletín Smile. Grazas e lembra VSC: Vota, Subscríbete e Comenta.

Hoxe podemos dicir con esperanza que vese no horizonte a saída deste longo conflito, esta semana o noso presidente, o amado entre o pobo SuperI dirixiu as tropas para recuperar Catalunya. A intención era clara e a determinación de ferro, Catalunya será o punto de partida para rexeitar aos invasores que non pouco tempo asolaron esa marabillosa terra. As rúas de toda Catalunya festexan a saída dos soldados cara a fronte, as avenidas das cidades engalánanse para avivalo espírito guerreiro dos bravos soldados, que tras liberar esta extraordinaria terra, regresan á vangarda da batalla para loitar contra as hordas brasileiras e estadounidenses.
Mais non todo é fermoso, nestes tempos duros un pequeno grupo de rebeldes sementan a confusión entre os patriotas cataláns, pagados polos nosos inimigos, estes antipatriotas ensucian e envelenan a mente, defenden entre a nosa poboación a insumición ao líder, buscan a guerra entre irmáns, estes traidores usan o panfleto e a covardía como arma, distribúen os seus panfletos cheos de mentiras entre a boa xente e sitúanse do lado do noso inimigo nas batallas, golpean e escóndense nos seus buratos… NON CAIADES NAS SÚAS MENTIRAS!
Só xuntos triunfaremos, non hai maior verdade nesta guerra, só a unidade levaranos cara a vitoria! Catalunya será a punta do ariete que golpeara aos nosos inimigos expulsándoos da península. Como irmáns loitaremos e venceremos!
Irmáns esta terra será libre, a nosa milicia seguirá ao noso líder, por fin no mapa Catalunya volve a ser o que sempre foi un importante territorio onde se respira a liberdade sen inimigos estranxeiros! Viva a capital catalana!
HAIL CATALUNYA!!! HAIL eSPAIN! HAIL ONE! HAIL GUDARIAK!! HAIL SUPERI!!!



Este 15 de marzo foron as eleccións á presidencia do partido, as cales foron gañadas por Inuyasha000. Despois dunha intensa reunión de afiliados e das deliberacións internas, que podedes ver no foro, decidiuse que o candidato oficial foxe Inuyasha000 por segundo mes consecutivo. Con el leva un programa elaborado polo seu equipo de traballo:

Presidente: Inuyasha000
Promoción: HeiJoe e New Bilbao
Comunicación: GZsssss e Heijoe
Cultura: New Bilbao
Banco: GurocaII
Empresas: Orbital
Relacións do partido: GurocaII e Pau Esteve

Esperemos que sexa un mes moi produtivo para UN!

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
“Et falta un Bull?"

Dise en catalán dunha persoa á que lle falta un fervor, que non lle coordina moi ben a cabeza.

Se non queres padecer esta síndrome, NON O DUBIDES, ven a Unión Nacionalista, nos si o temos…

Bulldog

O can baboso que ten miolo.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------



Esta semana foi de traballo duro para a cúpula da nosa gran milicia, xa que estívose facendo reconstrucións internas. Estes traballos inclúen entre outros:

-Como xa ven sendo costume, organizáronse diversas pegadas conxuntas, esta vez para dar todo o apoio posible a ONE, na súa cruzada para que eMacedonia e eSerbia cheguen a eEspaña. HAIL Gudariak! HAIL ONE!

-Foron designados novos capitáns para algúns batallóns. Dámoslle parabéns ao novo capitán do segundo batallón Inuyasha000 e ao novo capitán do terceiro batallón HeiJoe que se unen ao xa veterano no primeiro batallón DracS11, que esperamos que leven os seus respectivos batallóns con toda a destreza que gudariak require.


- Un novo avatar foi elixido en votación aberta a tódolos milicianos no foro. Isto levará consigo a rápida distinción dos gudaris entre outras milicias nas nosas próximas batallas.



O concurso de posteador da semana xa vai rematar no foro e xa se nota, houbo un renacemento do post insospeitado. Sorte a tódolos participantes, grandes premios espéranvos.

Sabes qué é HaxBall? Si? Pois corre apuntarte no foro ao 1ro. Torneo de HaxBall de UN, xa que esta semana que ven comezará un torneo con grandes premios só para afiliados. Non coñeces o HaxBall? Entonces apúntate e ensinarémoste a xogar e pasaremos un bo rato. Tedes tempo ata o luns 19 de marzo.

E lembra pasar polo foro para votalo afiliado do mes, precisamos a túa opinión!

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Para rematar déixovos un vídeo creado pola nosa consellería de comunicación.

PLAY VIDEO

Grazas New Bilbao!
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Lembra que non te enganen , en Unión Nacionalista querémola liberdade de tódolos pobos oprimidos! Afíliate e axúdanos a conseguilas nosas metas.

Foro: http://uner.all-up.com/
IRC: http://goo.gl/lDnMW


avatar
HeiJoe
Veteran@ ✯✯
Veteran@ ✯✯

Nombre de missatges : 488
Fecha de inscripción : 07/02/2012

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.