Partit nacionalista del joc d'Erepublik

Boletin #4 Dia 1587 - Galego

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Ir abajo

Boletin #4 Dia 1587 - Galego

Mensaje por HeiJoe el 25/03/12, 03:19 pm





Benvidos a unha nova entrega do boletín de UN, esta semana informámosvos que o parte de guerra trae novas positivas e negativas, durante estes días vivimos unha sublevación contra os invasores brasileiros en Euskadi, todo comezou cun incidente no que un grupo de brasileiros celebraba unha festa e cando o “Ai se eu te pego” soou, unha cuadrilla de vascos cansos da cancionciña increpounos acadando a pelexa o grao de revolta civil ao unirse máis vascos cansos da canción. Mais isto non durou moito, os americanos desexosos de trocar a hamburguesa polo pintxo conquistaron Euskadi… veremos por canto tempo!!!!
Outra nova negativa é o sitio e conquista da nosa capital… á media noite un exercito de americanos sedentos de sangría e uniformados coas súas típicas chanclas con calcetíns entraron en Catalunya… a súa sede de sangría era grande e non se acadou resistir, pero xa se esta a argallar a reconquista!!!
En Galiza a principios da semana triunfou a resistencia, pero a elite da guerrilla galega cambiou a estratexia contra os americanos por unha con custes humanos máis baixos, pactouse un repregue para poder envelenar aos americanos con licor café e así decimados ou coas súas calidades diminuídas poder rexeitalos definitivamente sen demasiado esforzo.
Queríamos deixar as boas novas para o final, os nosos aliados macedonios acudiron na nosa axuda, tras conquistar Baleares, xa pisan terra peninsular coa conquista de Valencia… Esta non é a mellor novidade, xa que tras meses sen congreso por fin podemos elixir novos congresistas grazas ao noso amada líder SuperI… Cada vez son menos os disidentes e os que aínda o son seguen o novo programa do goberno para fomentar a súa adhesión á causa… temos imaxes en exclusiva deste programa.

Promocion del gobierno


-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Pertences a Unión Nacionalista?

Non? Non ves que é o mellor partido de eR. Ponte anteollos e mira o noso foro…Aquí tes un eenlace e afíliate.

Que? Aínda non ves nada? Pois faicho mirar porque só en Unión Nacionalista temos aos que ven

Pau Este ve

O Artur Mas de UN
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------



Gudariak (GDK) esta pasando por unha fase de reestructuración, xa que agora pasará a formar parte do partido de UN. Por iso decidiuse que todo gudari que non pertenza a UN e animado a gozar de tódalas vantaxes de GDK e UN afiliándose ao partido, se non, nun prazo dunha semana, aqueles que aínda non estean afiliados serán expulsados da milicia.

En referencia ás batallas, tivemos unha semana axitada gañando moitas RW a Brasil e USA. O noso emblema viuse incluso no Perú ou Sudáfrica, ademais de Hungría e axudando a Macedonia e Serbia a chegar ás nosas terras. Lembrade que todo gudari debe levar o novo marco de GDK. O ben que nos queda o traxe!!!!


HAIL GDK!



O concurso de posteador do mes deixounos con máis de 500 novos post no foro. Este rematou o luns 19 de marzo deixando a HeiJoe como primeiro clasificado,  seguido por Inuyasha000 e GurocaII. Os meritorios postos 4 e 5 son para DracS11 e Bulldog00. Parabéns aos gañadores e gozade dos premios!!!

Comezouse un sistema de porras en UN. Pásate polo foro para poder participar na primeira porra, que será o Barça- Athletic do 1 de Abril. Non o dubides podes levarte unha morea de ESP!

O primeiro torneo de HaxBall de UN comezará este luns as 23h. O calendario e as regras do torneo están decididas, así que pasa polo foro para ver que partidos hai esta semana. Todo o mundo é benvido a ollar. Sorte aos xogadores!!!



Foro: http://uner.all-up.com/
IRC: http://goo.gl/lDnMW


avatar
HeiJoe
Veteran@ ✯✯
Veteran@ ✯✯

Nombre de missatges : 488
Fecha de inscripción : 07/02/2012

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.