Articulo #1 Galego
Página 1 de 1.
Articulo #1 Galego
Hoxe preséntovos un dos nosos famosos artigos Fai pouco estando membros de UN no barrio JEW, escoitabamos resoar polos altofalantes o discurso de investidura de SuperI , nel falaba de cousas que parecían fora do alcance daqueles nacidos baixo o xugo da ineptitude e absentismo dos antigos presidentes. A bela doncela Bulldog00 falaba nun tellado sobre futuras especulacións con DracS11 cando se escoita a voz do novo líder. Tras tales palabras o núcleo duro de UN decide reunirse en segredo para debater temas transcendentais, coma por exemplo: Cómo afrontar o futuro, Nivel no que afectaran os cambios dos admins, dar o apoio ao novo líder, crear un altar ao recen edifunto Derviriles… Reunión dalgúns membros do comité nacionalista. Despois de comer e velo baile de Lantanique (fustrigadora oficial do partido) os emblemáticos señores pertencentes ao comité nacionalista deciden apoiar incondicionalmente a SuperI, xa que por moito que as súas formas disten das desexadas por aqueles defensores da liberdade de tódalas nazóns, que avogan por un modelo socialista que propoña maior crecemento a tódolos seus membros, ven nel a posibilidade de recuperar os bonus de produción que repercutiran en tódolos afiliados de tan nobre partido. De pronto, un estraño aparece en medio da reunión, non era nin mais ni menos que Eligius, troll onde os haxa. Eligius: Hola cabaleiros Pau Esteve: HOLA ELIGIUS!! Eligius: Non estou aquí para perdelo tempo, existe unha conspiración que pretende asasinar ao novo presidente, para sabotar así os plans da reconquista, condenando á pobreza e a mendicidade a todos aqueles que viven na confederación de estados eGALEGO, eEspañol, eCatalà e eEuskal, tedes que reaccionar! Van disfrazados de marxistas libertarios pero non son mais que unha camarilla terrorista autoritaria que conta co apoio plataneiro! GurocaII: Non pode ser, de quen estas falando? Eligius: Non podo dicir o seu nome pero son coñecidos, o anterior goberno comunista xa xulgou a algún dos seus capos. Ide con coidado, non dubidan en aparecer metendo millóns en batallas decisivas contra eEspaña! Bulldog00: Eligius, fermoso, quedas a tomalo café? Eligius: Síntocho meu, non podo hei de trollear masivamente no IRC, por certo, o tanga vermello debaixo do vestido chama demasiado á atención. Atopándonos cun problema de tal índole decidimos preguntárllelo a todol@s nos@s afiliad@s, característico do sistema democrático dalgún, chegamos á conclusión de que SuperI contaría co noso apoio sempre que respectara a tódolos países da confederación (especialmente eGaliza) que viven atrapados baixo o estado eEspañol en eRepublik. https://2img.net/h/oi43.tinypic.com/w8m7h5.jpg Fragmento da opinión dunha das nosas afiliadas A encargada da consellería de promoción recórdalles o link do noso partido Dende UN seguiremos informando das nosas futuras accións respecto a dito grupo terrorista e ao novo réxime Fòrum: https://uner.all-up.com/ IRC: http://goo.gl/lDnMW |
Gracias a GZsssss por su colaboración
HeiJoe- Veteran@ ✯✯
- Nombre de missatges : 488
Fecha de inscripción : 07/02/2012
Temas similares
» Articulo #4 Galego
» Articulo #3 Galego
» Articulo #2 Galego
» Articulo #3 Catala
» Articulo #1 Catala
» Articulo #3 Galego
» Articulo #2 Galego
» Articulo #3 Catala
» Articulo #1 Catala
Página 1 de 1.
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.