Partit nacionalista del joc d'Erepublik


Unirse al foro, es rápido y fácil

Partit nacionalista del joc d'Erepublik
Partit nacionalista del joc d'Erepublik
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

Articulo #3 Galego

Ir abajo

Articulo #3 Galego Empty Articulo #3 Galego

Mensaje por HeiJoe 29/03/12, 12:55 am



Articulo #3 Galego BannerUN_Bulleti

Hoxe escribo este artigo para expoñer unha reflexión, unha reflexión que afonda no nacionalismo, pero enfocada dende un sentimento e é que é un sentimento o que provoca o nacionalismo, ese sentimento trata sobre o apego, o apego a unha terra, a unha cultura, a unha lingua ou a un pobo… o nacionalismo non nace de bandeiras ou himnos, estes só son símbolos do amor ao propio e non do odio ou do rexeitamento ao alleo.

Tras esta pequena reflexión, quero poñer un exemplo, imaxinemos que o noso pais pertence a un estado no que non nos vemos representados, pero dependemos deste estado, aínda en contra da nosa vontade, para ter un nivel de benestar… un dia aparece un terceiro estado, o cal invade o noso estado actual privándonos do benestar do que tiñamos posibilidade de gozar, qué fariamos nese caso? O lóxico seria, tendo en conta as nosas reclamacións de independencia sempre presentes, loitar contra ese terceiro estado para manter o noso benestar… Cómo se pode fundamentar aproveitar esta invasión para atácalo noso estado imposto e así perder os nosos bonus ou representación? Cómo poden algúns chamarse nacionalistas actuando así? Seria coma se un escocés axudase aos chinos a invadir Escocia… que pensadores ou iluminados serian estes escoceses e máis cando non obterían nada bo, só poderían perder nunca gañar… Non seria curioso que estes escoceses se chamasen a si mesmos auténticos loitadores pola liberdade e os que loitan por rexeitar aos chinos só traidores que apoian ao primeiro invasor?

Articulo #3 Galego Espanyolistes

Ben, pasemos este punto por alto… Si señor, estes homes son uns heroes que loitan contra a opresión. Agora ben o estado que nos pode proporcionar benestar logra rexeitar aos invasores, pode restaurar o seu congreso e ir restablecendo o benestar qué farían estes heroes que loitan contra o estado? O lóxico seria rexeitar tomar parte en calquera institución do estado opresor, non? Se un defende unha idea, ten que ser consecuente con ela… pois equivocádesvos este tipo de nacionalistas independentistas son coma viraventos, ao poder participar nun congreso, acudirían como cans famentos á chamada dos seu amo… incluso venderían os seus corpos como meretrices por tódolos partidos do estado que rexeitan.

Articulo #3 Galego Paradoja

Outros nacionalistas, loitan polo mellor para as súas terras, non se dedican soamente a engalanarse con bandeiras e masturbarse sobre o “indepes” que son. A simboloxía é importante pero se conleva uns valores, sen valores os nosos símbolos vense ensuciados. En UN sempre miramos por eGaliza, eCatalunya, eEuskal Herria ou calquera nación que teña aspiracións autodeterministas neste estado… Buscamos ter benestar ao mesmo tempo que reclamamos os nosos dereitos non recoñecidos, nin polos administradores do xogo nin polos gobernos de eEspaña, aquí prometemos seguir loitando pola nosa causa, pero con este boletín lanzamos un XA BASTA! Un xa basta con forza e vehemencia… un xa basta que reclama que xente sen principios deixe de impartir leccións aos demais, que se centren no que supostamente reclaman e que deixen de poñer cambadelas aos que actúan con seriedade….

Articulo #3 Galego Stop

Para rematar agradecería que deixaran de chamarse independentistas ou nacionalistas pois NON O SON, que deixen de usalos nosos símbolos para dividir pois a súa finalidade e unir, que deixen de buscar conflitos que prexudican aos que actuamos con seriedade…


Foro: https://uner.all-up.com/
IRC: http://goo.gl/lDnMW
Articulo #3 Galego Scaled.php?server=195&res=medium&filename=baannergdk

HeiJoe
HeiJoe
Veteran@ ✯✯
Veteran@ ✯✯

Nombre de missatges : 488
Fecha de inscripción : 07/02/2012

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.