Articulo #4 Galego
Página 1 de 1.
Articulo #4 Galego
Aquí estamos de novo, dende UN chega un novo artigo e esta vez imos saírnos un pouco da nosa traxectoria. Nos últimos días calumnióusenos con todo tipo de quimeras, incluso citóusenos nun xuízo, si así como o leen queridos lectores, os nosos antigos compañeiros de EI, cos que compartiamos causa cando aínda loitaban contra o imperialismo e a opresión, atrévense a xulgarnos… Non hai dubida de que o cinismo e a falsidade camiñan por eses lares, ao máis puro estilo inquisidor nos atacan. É comprensible que lles doan as nosas manifestacións pois é ben sabido que a verdade doe, o noso modelo de funcionamento responsable crea complexos a quen non pode dicir o mesmo, é duro aceptar que a forma de actuar durante unha tempada foi errónea e os seres humanos tendemos a non querer ver os nosos tropezos. O sectarismo non axuda, moitos exemplos dan a razón ao hilo argumental do noso partido, pero como xa dixen o sectarismo provoca a cegueira dos nosos antigos compañeiros. A súa estratexia de confrontación e potenciación do odio forma parte do seu modus operandi, baséanse en posicións vitimistas e choromiqueiras para facer acusacións cando o refrán “dime do que presumes y direiche do que careces” toma sentido contra esta xente. Agora de modo excepcional sinalaremos co dedo, pero quero deixar claro que é algo excepcional ante graves acusacións. O escollido é Xavir por ser o que con máis vehemencia atacou a UN e ademais é unha das cabezas de EI, mostrando a hipocrisía dun dos seus lideres, como serán o grupo de seguidores sectarios que o acompañan e que se dedican a alentar as palabras do seu líder, imos mostrar unha imaxe para coñecer mellor as incongruencias que exhibe Xavir, pero podemos estendelas a todo o partido, isto é só unha mostra. Primeiro detalle a ter en conta, defínese coma un anarquista-secesionista… quen non saiba o que é o anarquismo aquí ten una breve definición “é una filosofía política e social que chama á oposición e abolición do estado entendido como goberno e, por extensión, de toda autoridade, xerarquía ou control social que se impoña ao individuo, por consideralas indesexables, innecesarias e nocivas.” Cómo alguén pode ser congresista se non cree no estado? Curioso… incluso dentro da esencia anarquista o termino secesionista seria oposto á esencia anarquista… pero ben deixemos que o maior independentista sexa o que queira, xa que é un grande de (e)España. A política de EI e polo tanto da súa milicia FAEIRC, é ben sabido que se define coma anti imperialista… Se a cal quer persoa lle preguntaramos o máximo expoñente do imperialismo o 90% diría os Estados Unidos… pois aquí temos unha imaxe dos anti imperialistas de EI loitando para liberar Catalunya do imperialismo. Estas son algunhas acusacións, pero non queda aí van máis lonxe o peor é que acúsannos a outros sen predicar co exemplo, a súa estratexia de infiltrar topos no noso partido serviulles para acadala información que reducíndoa e sacándoa de contexto usaron para denunciarnos de fraude cando en xeral as nosas accións coma partido e en particular dos nosos membros (como por exemplo GurocaII) sempre luciron e locen pola ética e o ben facer. Outra mentira que repiten unha e outra vez é a acusación a UN de ser un partido rexionalista, cando é ben sabido que tódalas iniciativas para superalas limitacións do xogo foron emprendidas por UN, cabe citar a creación de eCatalunya, onde os nosos membros coma por exemplo Litio2 fan unha labor inconmensurable. Para arroxar máis luz a este tema poñerei un comentario do gran Derviriles, membro de UN. Dise que facemos spam para captar afiliados doutros partidos, cando por parte de UN podemos mostrar probas do contrario e parece ser que incluso outros partidos sufriron o mesmo… Tras todo isto eu pregúntome Quen sodes vos para xulgarnos? Sodes un mal neste xogo e una vergoña para a nosa causa. No voso radicalismo atacades a todo o que non vos aplauda ou quen non mostre o voso seguídesmo característico, quen non é amigo meu é o meu inimigo. Dende UN seguiremos traballando en serio, seguiremos sacando iniciativas (as únicas que ata o de agora deron froitos) o que queremos é que xa que non facedes nada, polo menos non poñades cambadelas aos que cumprimos coa nosa labor de modo pacifico. Para acabar quero deixar una mensaxe que e a seguinte, para acusar tense que predicar co exemplo… Foro: https://uner.all-up.com/ IRC: http://goo.gl/lDnMW |
HeiJoe- Veteran@ ✯✯
- Nombre de missatges : 488
Fecha de inscripción : 07/02/2012
Temas similares
» Articulo #3 Galego
» Articulo #2 Galego
» Articulo #1 Galego
» Articulo #2 Euskera
» Articulo #4 Euskera
» Articulo #2 Galego
» Articulo #1 Galego
» Articulo #2 Euskera
» Articulo #4 Euskera
Página 1 de 1.
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.